Anunciamos que dende agora mesmo fica aberto o prazo de matrícula para anotarse ás IV Xeiras Sobre a Lingua Galega.

Para matricularte debes cubrir o formulario: http://bit.ly/Xeiras. Fíxate e cubre correctamente todos os datos segundo o solicitado.

Tense solicitada a convalidación do curso por 2 créditos de libre elección ou 1 crédito ECTS.

As prazas son limitadas e seguirase un rigoroso orde de anotación. Non esperes máis!

Ollo! Xa houbo máis dun caso de xente que puxo o enderezo do seu domicilio en lugar do enderezo electrónico imposibilitando así o envío do correo coa confirmación da praza. Non cometas ti o mesmo erro!



Aquí tedes o programa das IV Xeiras Sobre a Lingua Galega. Pode que sufra algún cambio que será comunicado de inmediato.

Mércores 8 de febreiro de 2012

09.00-09.30h – Entrega de acreditacións

09.30-10.00h – Acto de apertura

Rocío Barreiro, Responsábel dos Comités en Vigo

Xosé Henrique Costas, vicerreitor de Extensión Universitaria
Paulo Cabral, director da ÁNL da Universidade de Vigo

10.00-11.45h – A historia do galego percorrendo a onomástica

Gonzalo Navaza, profesor da FFT da Universidade de Vigo


11.45-12.00h – Descanso

12.00-14.00h – A necesidade dos medios en galego

Denís Fdez. Méndez, coordinador da edición dixital de Tempos Novos (Tempos Dixital).

Marcos Pérez Pena, de Praza Pública
Olalla Rodil, membro do grupo promotor de Sermos Galiza

14.00-16.30h – Pausa Xantar

16.30-18.00h – O baile nacional

Alexandre Sotelino Losada, director do grupo Rebulir
e membro de 'Castro Floxo'
Sandra Vázquez Núñez, membro dos grupos 'Cantigas e Agarimos' e 'Seráns' de Compostela
Francisco J. Feijóo Álvarez, profesor de baile en 'A.C.F O Fiadeiro' e na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional
Membros do Grupo 'Fiadeiro' de Vigo, que farán unha pequena demostración

18.00-19.30h – Proxección: Crebinsky

19.30-19.45h – Descanso

19.45-21.00h –Actuación cómica: Pedro Brandariz



Xoves 9 de febreiro de 2012

16.00-17.30h – Vencello

Iago Varela; Luis P. Castelo e Vítor Vázquez, impulsores da rede

17.30-17.45h – Descanso

17.45-19.00h – Ensino de galego no exterior

Diana García Couso, profesora de galego en Leipzig, Alemaña
Katja Bode, estudante de galego en Leipzig, Alemaña


19.00-21.00h – O galego na música

Tonhito de Poi



Venres 10 de febreiro de 2012

09.00-10.30h –Interpretación de/ao galego

María Reimondez, intérprete inglés/galego

Óscar Ferreiro, intérprete francés/galego

10.30-11.45h – Dereitos lingüísticos do galego

Manuel Núñez Singala, xefe do SNL da USC

Ao remate agasallarase aos asistentes co libro “En galego, por que non” do poñente.

11.45-12.00h – Descanso

12.00-13.30h – O galego, a lingua que sabe a pan

Pedro Feijóo, de Muu Estudios
Martiño Ramos, profesor do CPI de Cea

13.30-14.00h – Acto de clausura

Rocío Barreiro, Responsábel dos Comités en Vigo
Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo

Anunciamos que as IV Xeiras Sobre a Lingua Galega serán os días 8, 9 e 10 de febreiro na sala I do edificio Miralles. En breve abrirase o prazo de inscrición e teredes dispoñíbel o programa.

Ficade atentas/os, xa que as prazas son limitadas!

Fonte: DUVI

Segue as Xeiras en directo vía web

Seguro que moitas e moitos quixérades asistir ás III Xeiras sobre a Lingua Galega, mais claro, non todo o mundo pode asistir en persoa.

Por iso, poderedes seguir o acontecemento dende a ligazón situada ao pé desta entrada. Comezaremos a emitir pasadas as 9 da mañá, podedes ver o programa nesta ligazón.



As Xeiras serán na Sala I do Edificio Miralles

 
Para as/os que preguntades, as Xeiras sobre a Lingua Galega teñen lugar na Sala I do Edificio Miralles, para a xente que ten praza, e na sala IV para aqueles que sigades por vídeoconferencia.

Agotadas as prazas, aberta a listaxe de agarda

 
As prazas para asistir ás III Xeiras sobre a Lingua Galega están agotadas, mais a folla de inscrición segue aberta, para o caso no que haxa baixas poder acudir.

Calquera dúbida, contáctanos no infoxeiras@gmail.com
 
Queremos anunciarvos que dende agora mesmo fica aberto o prazo de matrícula para anotarse ás III Xeiras sobre a Lingua Galega.

O programa deste ano, que podedes consultar na lapela 'Programa', trata temas diversos, como o teatro, o deporte ou o uso do galego como marca de calidade.

Para matricularse debes cubrir o formulario que hai na lapela 'Anótate ás Xeiras', mirando de cubrir correctamente todos os datos segundo o solicitado.

Ténse solicitada a convalidación do curso por 2 créditos de libre elección ou 1 crédito ECTS.

As prazas son limitadas e seguirase un rigoroso orde de anotación. Non esperes máis!

As III Xeiras serán do 9 ao 11 de febreiro


Xa vos fomos anunciando polas diferentes redes sociais nas que nos atopamos que estamos a traballar arreo no programa das III Xeiras sobre a Lingua Galega. Máis unha vez analizaremos aspectos relacionados coa nosa lingua dende múltiples perspectivas, contando este ano con temáticas que en edicións anteriores quedaron no tinteiro.

Máis o programa farase público, previsibelmente, a próxima semana. Máis como adianto, queremos anunciarvos que terán lugar entre o 9 e o 11 de febreiro (de mércores a venres). O mércores será xornada completa, xoves de tarde e venres de mañá.

Ficade atentas/os, xa que as prazas son limitadas!

Lavámoslle a cara ao blogue

Ola!

Despois de moito tempo se actividade neste blogue, volvemos á carga con novidades. En breve informarémosvos de importantes novidades arredor das III Xeiras sobre a Lingua Galega.

Mentres tanto, podedes seguir informados mediante o noso Twitter (@ComitesVigo) e as nosas páxinas en Facebook (Xeiras e Comités Vigo). Vamos, que mal informados non ides estar!
top