- Esgotadas as prazas en menos dunha semana
- A organización está estudando o xeito de ampliar o número de prazas
As II Xeiras sobre a Lingua Galega organizadas polos Comités de Vigo están a ser un éxito xxa antes do seu comezo. Máis de 200 estudantes amosaron o seu interese en asistir ás mesmas, o que supón un 66% máis das prazas previstas nun primeiro momento polos organizadores.

"Estamos a superar todas as espectativas de asistencia, que xa eran de por si altas" sinalou Iago Varela, Responsábel dos Comités no Campus de Vigo, quen afirmou que se está a estudar a posibilidade de ampliar o número de prazas para aumentalas nunhas 80 persoas.
Nesta segunda edición das Xeiras sobre a Lingua Galega abórdanse novas temáticas que afectan á lingua galega, como o humor ou a música, alén de contar cunha mesa de debate sobre a situación do galego con representantes dos tres partidos políticos con representación no Parlamento de Galiza.
A segunda edición das Xeiras terá lugar entre os días 9 e 12 de marzo no Campus de Vigo.

0 comentários:
Postar um comentário