Pilar García Negro agraciada co 'Vicente Risco'

María Pilar García Negro, que participa nestas II Xeiras sobre a Lingua Galega (ver programa), ven de resultar agraciada co XV premio 'Vicente Risco' de ciencias sociais pola súa obra O clamor da rebeldía. O nacemento do ensaio na literatura galega contemporánea, simultáneo ao nacemento da conciencia de xénero: análise e interpretación de textos rosalianos.

En dito ensaio, a Doutora en Filoloxía Galega, quixo deixar constancia da influencia de Rosalía sobre os primeiros amagos feministas.

O xurado calificou o ensaio como unha obra 'con gran madurez, quereflexiona sobre a figura de Rosalía non só como fundadora da literatura galega contemporánea, senón tamén como membro dun colectivo que nunha situación totalmente adversa e de xeral desprestixio de Galiza'.

Dende aquí, os nosos parabéns.

[Fonte]: Faro de Vigo

0 comentários:

Postar um comentário

top