- Na apertura en Vigo das II Xeiras sobre a lingua
- Con 235 matriculados a actividade traerá ao campus aos protagonistas do debate lingüístico

Con 235 matriculados e máis de 50 persoas que quedaron en lista de espera por falla de espazo, alumnado e equipo de goberno, representado polos vicerreitores Mª del Carmen Cabeza e Iván Area uniron hoxe as súas voces para defender unha postura común: a firme defensa do idioma galego. Fixérono na apertura en Vigo das II Xeiras sobre a lingua galega, un lugar de encontro no que ao longo de toda a semana se darán cita todos aqueles que a día de hoxe teñen algo que dicir sobre a situación e as novas propostas que afectan á lingua na sociedade, no ensino, nas artes, na literatura, no cinema, na música, nos medios...
A actividade, que acadara tamén un notable éxito na súa primeira edición, “vai na liña de consolidación dun debate que desafortunadamente non é novo”, subliñou a vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes, Mª del Carmen Cabeza, que lembrou que esta controversia entre “unha lingua colonial e unha lingua colonizada, independentemente de que as sociedades actuais sexan todas multilingües”, xa existía cando era ela cativa.
“O debate sobre a lingua é un debate fértil pero tamén moi duro por diversas circunstancias dependendo de como vaia evolucionando a vida social e política do país”, insistiu Cabeza, ao tempo que felicitou aos Comités polo “ben artellado” dun programa no que se mestura o serio e o lúdico e que suporá á visita ao campus dalgúns dos principais personaxes situados no centro do debate lingüístico, entre eles, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, que explicará o venres as principais liñas do novo Decreto do Galego.
Matemáticas, tamén en galego

Concibidas como un punto de encontro para debater e pular pola normalización lingüística, tal como lembrou Iago Varela, responsable en Vigo dos Comités, as Xeiras combinarán diferentes faladoiros con “actividades máis lúdicas, nas que o humor e a música xogarán un papel moi relevante”, destacou Varela, quen tamén realizou fortes críticas ao actual goberno galego ao que responsabilizou de “crear unha lea lingüística onde non a había”,
Nesta liña “lúdica”, encádrase tamén a participación na apertura das xornadas do vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, que, en resposta a aqueles que afirman que o galego non é valido para determinadas materias, aproveitou a ocasión para realizar unha particular “performance” impartindo aos asistentes unha “miniclase” de matemáticas en galego. Matemático de formación, o vicerreitor non dubidou en recalar no mundo dos polinomios, funcións, aproximacións... e fíxoo, aínda que para moitos “soase a chino”, en galego.
Máis alá desta chiscadela cómica, o vicerreitor reflexionou tamén sobre a lingua como vehículo de transmisión de cultura e subliñou como as linguas teñen que adecuarse aos sistemas de cultura onde están inmersas e as novas realidades e contextos “e iso é o que se pretende de forma moi implícita a través das Xeiras”.
Retransmitidas vía web

Cun aforo de arredor de 120 cadeiras, a elevada matrícula nas Xeiras motivou que a sala I do Edificio Miralles, onde estaba previsto realizar esta actividade, se quedase pequena para acoller a todos os asistentes, polo que se fixo necesaria a colaboración de UVigoTv para unir unha segunda sala vía videoconferencia e poder así dar cabida a máis xente. “Aínda que seguiu quedando moita xente fóra por falta de espazo, se ben nos poden seguir dende calquera parte do mundo a través da emisión vía web”, subliñou o responsable dos Comités.
Chegados das diferentes escolas e facultades, o alumnado asistente non dubidou en manifestar a súa preocupación “pola situación tan grave que está a vivir o idioma galego”, destacou a estudante de Tradución e Interpretación, María Villareal, que acudiu ás Xeiras acompañada por un grupo de compañeiros de clase. “É importante concienciar e mobilizar a todo o alumnado arredor desta triste situación do galego”, subliñou o seu compañeiro Rubén Lado.
Os protagonistas do debate lingüístico no campus

O programa das Xeiras iniciouse esta mañá coa participación do administrador de Blogaliza, Pedro Silva, e Berto Yáñez do Proxecto EuFalo.Tv, que achegaron unha boa panorámica da situación actual do galego na rede. Pola tarde, é o momento para repasar o movemento Bravú da man do cantante e escritor, Xurxo Souto, e de achegarse á musica tradicional e de autor da man da Quenlla e da actuación de Sobrado e banda.
O programa continuará o resto da semana e nel participarán, entre outros, Xosé Manuel Beiras, Kiko da Silva, Xosé Lois González, “O Carrabouxo”, os voceiros de Língua das principais forzas políticas e representantes das diferentes plataformas xurdidas en defensa do idioma.
[Fonte]: DUVI, por D. Besadío

0 comentários:
Postar um comentário