Queremos anunciarvos que dende agora mesmo fica aberto o prazo de matrícula para anotarse ás III Xeiras sobre a Lingua Galega.

O programa deste ano, que podedes consultar na lapela 'Programa', trata temas diversos, como o teatro, o deporte ou o uso do galego como marca de calidade.

Para matricularse debes cubrir o formulario que hai na lapela 'Anótate ás Xeiras', mirando de cubrir correctamente todos os datos segundo o solicitado.

Ténse solicitada a convalidación do curso por 2 créditos de libre elección ou 1 crédito ECTS.

As prazas son limitadas e seguirase un rigoroso orde de anotación. Non esperes máis!

As III Xeiras serán do 9 ao 11 de febreiro


Xa vos fomos anunciando polas diferentes redes sociais nas que nos atopamos que estamos a traballar arreo no programa das III Xeiras sobre a Lingua Galega. Máis unha vez analizaremos aspectos relacionados coa nosa lingua dende múltiples perspectivas, contando este ano con temáticas que en edicións anteriores quedaron no tinteiro.

Máis o programa farase público, previsibelmente, a próxima semana. Máis como adianto, queremos anunciarvos que terán lugar entre o 9 e o 11 de febreiro (de mércores a venres). O mércores será xornada completa, xoves de tarde e venres de mañá.

Ficade atentas/os, xa que as prazas son limitadas!

Lavámoslle a cara ao blogue

Ola!

Despois de moito tempo se actividade neste blogue, volvemos á carga con novidades. En breve informarémosvos de importantes novidades arredor das III Xeiras sobre a Lingua Galega.

Mentres tanto, podedes seguir informados mediante o noso Twitter (@ComitesVigo) e as nosas páxinas en Facebook (Xeiras e Comités Vigo). Vamos, que mal informados non ides estar!
top